CULTURA

A vila acollerá durante a xornada de hoxe tres concertos

A Concellería de Cultura anunciou a suspensión da representación treatral "Elektra" de Teatro del Norte, prevista para hoxe, pola indisposición dun dos actores. 

A Agrupación Cultural Avantar, en colaboración co Cine Club Carballiño e a Asociación Cultural Andasoa, celebra hoxe un Fstival de Cantautores,  previsto para as 21,30 horas no Pub Sete Flores do Carballiño.

Contará coa actuación do cantautor carballiñés Roberto Sobrado, e o tamén artista local Andres Fernández, así como Xosé Constenla, Anxo Blas e Leo Arremecághona. 

Por outra parte, nesta mesma xornada do sábado, ás 19,30 horas, haberá o Concerto de Panxoliñas no Casino do Carballiño, coa actuación da Coral Polifónica e a Banda de Vilatuxe; e para as 23,00 horas, está previsto o encontro de músicos Jam Session, no mesmo Casino, no que colaboran a Asociación Galicia Enxebre e o Concello do Carballiño.

Por último, a Concellería de Cultura anuncia a suspensión da representación treatral "Elektra" de Teatro del Norte, prevista para hoxe, pola indisposición dun dos actores. 

Te puede interesar