Carballiño contará cunha agrupación musical e coro

O Concello do Carballiño pon en marcha dúas novas actividades para este novo curso: o coro infantil e unha agrupación musical. O coro infantil está dirixido a nenos de 7 a 12 anos, e as clases impartiranse os venres de 16,00 ás 17,00 horas.

Mentres que na agrupación musical poden apuntarse persoas de todas as idades, e igualmente será os venres, aínda que desde as 18,00 ás 20,00 horas.

Ambas iniciativas son totalmente gratuítas para os participantes. 

Segundo apuntan os responsables municipais, con estas dúas actividades perséguese crear formacións musicais estables, complementarias ó traballo individual das clases do Conservatorio e Escola de Música, ao mesmo tempo que se crea un punto de unión entre os estudantes e músicos amateurs externos ó centro.

Por outra banda, son actividades para fomentar o traballo en equipo; educar en valores a través da música e do traballo grupal e crear formacións musicais que sirvan de estímulos ao alumnado.

No curso tamén se organizarán outras actividades e saídas das clases. Con elo, preténdese dispor de espazos e grupos musicais  onde os alumnos poidan plasmar o aprendido durante as súas clases individuais. Os responsables municipais animan “aos pais a que apunten ós seus fillos. Cremos que pode ser enriquecedor”.

Te puede interesar