O CARBALLIÑO

O Carballiño demanda "a plena igualdade entre homes e mulleres"

8-M Carballiño
photo_camera 0 8-M na Praza Maior de O Carballiño.

O salón de plenos do concello carballiñés e a Praza Maior foron os lugares onde se realizaron os actos no Día Internacional da Muller

Centros educativos, asociacións e veciñanza participaron este vernes nos actos celebrados no salón de plenos do concello e na Praza Maior polo Día Internacional das Mulleres. En ambos eventos "demandouse a plena igualdade entre mulleres e homes", e rexeitou se "calquera tipo de discriminación por razón de sexo así como calquera tipo de violencia machista", en palabras das representantes na Casa Consistorial.

No acto, que tivo lugar ás 12:00 no salón de plenos do concello, e que foi presentado pola actriz do grupo de teatro “Dar Trela”, Clara Vázquez, interviñeron o alcalde, Francisco Fumega; a concelleira de Igualdade, Marina Ortega; os centros educativos Bo Día Familia, Escola Infantil Trastes e Instituto Chamoso Lamas, así como os colectivos Aspdisi, Asdifica e Cruz Vermella.

Tras o saúda do alcalde, a concelleira de Igualdade diu lectura a un manifesto, e posteriormente interviñeron representantes dos colectivos e centros educativos presentes que, en todos os casos, puxeron de manifesto a necesidade de seguir avanzando na igualdade real de mulleres e homes, rexeitando calquera tipo de discriminación laboral, social ou de calquera outra índole por razón de sexo.

Finalmente, como peche, interpretaron unha canción composta para esta ocasión a cantante Marta Bravo e o guitarrista Héctor Lorenzo.

Te puede interesar