O CARBALLIÑO

Carballiño donou 28.000 quilos de roupa no 2015

<p></p>
photo_camera Unha das planta de reciclaxe de roupa que ten Humana Fundación Pobo a Pobo.

A ONG Humana ten instalados tres colectores en distintas rúas de vila

A ONG Humana Fundación Pobo para Pobo recolleu 28.021 quilos de roupa usada no Carballiño en 2015, unha cifra que representa un aumento do 4% respecto ao ano anterior (27.027 quilos). Trátase dunha rganización non gobernamental para o desenvolvemento (ONGD) que desde 1987 promove a protección do medio ambiente a través da reutilización de téxtil e leva a cabo programas de cooperación en África, América Latina e Asia así como de axuda social en España.

A Fundación ten instalados tres colectores no Carballiño, onde a cidadanía deposita a roupa, o calzado, os complementos e o téxtil de fogar que xa non utiliza e aos que Humana lles dá unha segunda vida.

A recollida de téxtil é un servizo para o Concello, xa que representa un aforro importante nos gastos de recollida e eliminación de residuos urbanos. Na actualidade, a Fundación conta con máis de 800 concellos e 500 empresas colaboradoras en España. Todos os recursos xerados coa actividade de recollida e valorización da roupa en España dedícanse ao fin social da organización. Grazas a iso, entre 2010 e 2014 destináronse 9,3 millóns de euros a proxectos de educación e agricultura en África, Américpa Latina e Asia.

Anualmente os programas de cooperación da Fundación involucran a 90.000 persoas, basicamente en áreas rurais con altos índices de pobreza. Entre os países nos traballa figuran Angola, Guinea-Bissau, Mozambique ou República do Congo, entre outros.

Te puede interesar