Carballiño estrea hoxe a procesión da “madrugá"

<p></p>
photo_camera Imaxe da procesión dos Caladiños que se celebrou no Carballiño o ano pasado.

O Noso Señor da Sentencia irá custodiado por un escuadrón romano 

A Semana Santa do Carballiño ofreceu onte un Vía Crucis de Xóvenes, que tivo lugar na Veracruz. Para hoxe está prevista a procesión da Sentencia, que está sucitando moita expectación pola novidade no acompañamento do paso do Noso Señor da Sentencia, que irá custodiado por un escuadrón romano, e imitando a coñecida como "madrugá" sevillana, tendo en conta que será a partir das 23,30 horas. Partirá do Asilo e recorrerá as rúas Curros Enríquez, Rosalía de Castro, Praza Maior, Aldara, dos Canteiros e Antonio Palacios, ata o templo da Veracruz, onde remata.

Nas rúas que non son peatonais estará prohibido con tal motivo o aparcamento nas horas previas, e quedarán cortadas ao tráfico durante a procesión. Ademais, o Concello pide a colaboración da hostalería para que retiren as mesas, cadeiras e toldos das terrazas.

A procesión que se prevé máis multitudinaria é a do Venres Santo, a dos “Caladiños”, que rematará coa interpretación dun nocturno de Chopin pola formación Alfonso Medela Trío e Maribel López, Almudena Mosquera, Samino Otero, Emilio Rodríguez, José Luis Reza e o Orfeón do Carballiño. Tamén actuará a banda Redegaitas.

Te puede interesar