GASTRONOMÍA

O Carballiño quere repetir o récord de facer a tapa de pulpo máis grande do mundo

IMG_20160809_202021 (1)
photo_camera Unha imaxe da anterior edición na Praza Maior de O Carballiño.

O evento terá lugar mañá ás 20,00 horas na Praza Maior da villa

As pulpeiras e pulpeiros do Carballiño voltarán a elaborar a tapa de pulpo máis grande do mundo. Farano nun prato de madeira de 5,37 metros de diámetro e media tonelada de pulpo, que cocerán en caldeiras de cobre. Non pode faltar o aderezo de sal gorda, aceite de oliva e pementón nun tempo récord. O evento terá lugar mañá, martes, 8 de agosto, ás 20,00 h., na Praza Maior do Carballiño.

Arredor de trinta persoas participarán neste proceso, que comezará ás 12 do mediodía co traslado do prato ata a Praza Maior nun camión con guindastre. Rematará ás dez da noite, cando remate a distribución do pulpo en pequenas tapas que se venderán ao prezo de 5 euros conxuntamento cun vaso de viño, un anaco de pan de Cea e unha lambetada de chocolate do Royal, así como o agasallo do propio prato.

Nesta edición, que é a séptima, o prato non varía con respecto ás dimensións do pasado ano, pero o reto nesta ocasión é facelo en menos tempo, de forma que o pulpo non se enfríe e poida ser degustado con todo o seu sabor polos varios miles de visitantes que se acheguen ata O Carballiño. Calcúlase que desta Tapa Xigante poden saír unhas 1.500 tapas pequenas.

Te puede interesar