Carril cortado na rúa de O Irixo debido ás obras

Esta é asegunda fase desta obra que está financiada pola Consellería de Infraestruturas e Vivenda da Xunta de Galicia, e que se completará coa construcción da beirarrúa pola marxe esquerda da estrada do Irixo

As obras de asfaltado da estrada do Irixo, en Carballiño, entre a Casa Azul e o cruce coa estrada de Lalín, comezan hoxe, polo que queda prohibido aparcar durante cinco días en ambos sentidos neste tramo, mentres que o tráfico quedará limitado a un só carril.
O asfaltado levarase a cabo o xoves e venres desta semana e o luns e martes da próxima, motivo polo que non se normalizará  o tráfico rodado e o aparcamento neste vial ata rematar as obras previstas. A empresa que realiza este traballo comezará o asfaltado polas cabeceiras da estrada. Por isto, o Concello de O Carballiño pide que se utilicen vías alternativas. Esta é asegunda fase desta obra que está financiada pola Consellería de Infraestruturas e Vivenda da Xunta de Galicia, e que se completará coa construcción da beirarrúa pola marxe esquerda da estrada do Irixo, desde a zona de vivendas ata a conexión coa estrada Carballiño-Lalín, xunto a ponte nova de Veiga.

A Concellería de Seguridade e Tráfico pide disculpas aos veciños e conductores polas molestias que pode ocasionar a obra, pero asegura que "é absolutamente necesaria para executar este proxecto que redundará nunha mellora significativa e reforzará a seguridade no acceso ás piscinas".

Te puede interesar