Os cativos aprenden xogando polo serán

Os cativos elaboran colares, onte na Praza Maior. (Foto: Marcos Atrio)
A Praza Maior do Carballiño convértese tódalas tardes nunha improvisada aula formativa e lúdica coa celebración da ‘Semana grande para cativos’, que comenzou onte e rematará o vindeiro venres. Rapaces e rapazas de 3 a 10 anos de idade participan e obradoiros de creación artística.
Os nenos e nenas de 3 a 10 anos están de noraboa ó inicio das súas vacacións escolares, porque na Praza Maior do Carballiño comezou onte a ‘Semana grande para cativos’, que se desenvolverá ata o vindeiro venres de sete a nove do serán.

Os rapaces participan en obradoiros de elaboración de colares con botóns, broches de fieltro, frascos, marcapáxinas e ‘lápices divertidos’, pelotas para facer malabares e unha festa de maquillaxe como clausura.

A concelleira de Educación e Cultura, Inmaculada Ucha, sinala que ‘os obxectivos destas xornadas son favorece-la comunicación e a convivencia, promocionar a creatividade en tódalas expresións artísticas e fomentar as habilidades sociais’.

Te puede interesar