Catorce persoas fórmanse para mellorar a súa autoestima

Un total de 14 persoas participan no segundo Plan Galego de Inclusión Social (PGIS), que é unha iniciativa da Consellería de Traballo e Benestar. Asisten estes días a un curso de competencias persoais no Centro Comarcal do Carballiño. Cun total de 30 horas de formación, os asistentes adquiren estratexias de desenvolvemento persoal e habilidades sociais, abordando cuestións como a comunicación interpersoal, a resolución de conflictos ou a autoestima.
Os cursos de competencias persoais constitúen unha ferramenta coa que o Plan Galego de Inclusión Social busca favorecer a incorporación dos asistentes ao mercado de traballo a través da adquisición de habilidades persoais que resultan eficaces para o emprego.

Outros instrumentos deste segundo plan son prácticas en empresas, formación ocupacional, cursos con compromiso de contratación ou formación en búsqueda de emprego, accións todas elas que melloran o perfil profesional dos asistentes e, polo tanto, as súas opcións de acceder a un posto de traballo, segundo sinalaron os responsabeis da Consellería de Traballo e Benestar

O Plan Galego de Inclusión Social púxose en marcha no ano 2007 e extenderase ata o vindeiro 2013. Está cofinanciado polo Fondo Social Europeo e pola Xunta de Galicia e é xestionado polo Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, tal e como indicaron as mesmas fontes da Administración autonómica.

Te puede interesar