Os cazadores do Irixo solicitan un debate encol da incineradora

Un grupo de membros da Sociedade de Cazadores do Irixo manifestaron o seu malestar, xa que logo de tres meses de haberse anunciado a instalación dunha incineradora no municipio, a directiva non convocou unha asamblea extraordinaria para que o colectivo se manifeste dalgun xeito pola instalación de esta planta. Logo de manter varias conversas co presidente do colectivo e solicitarlle dita convocatoria, 'iste negouse, dando argumentos pouco convincentes', suliña Antonio García, directivo da Federación Galega de Caza.
Iste voceiro dos socios engade que 'consideramos que se nos está a negar un dereito a expresarse libremente dentro da entidade', tendo en conta que na asamblea decide a maioría a postura a tomar neste asunto. Por todo elo, os cazadores recurriron o artigo 18 dos seus estatutos, a fin de solicitar unha asamblea xeral extraordinaria, recollendo o 25% das sinaturas de tódolos socios. O escrito de petición foi remitido, xunto coas sinaturas, via burofax, ó presidente da entidade, que a partir de agora dispón dun máximo de 20 días para convoca-la reunión.

Te puede interesar