O Centro da Natureza abre cunha mostra de fotografía

Centro de Interpretación. (Foto: XESÚS FARIÑAS)
Unha exposición de imaxes do Parque municipal da asociación 'O Potiños' foi inaugurada na chamada 'Casa do Peón', que dende onte acolle o Centro de Interpretación da Natureza do Carballiño.
O alcalde, Carlos Montes, lembrou a historia deste inmoble, 'que a partires de agora servirá como aula de formación para os escolares en materia de medio ambiente'. Nun sinxelo acto, ó que acudiron concelleiros do grupo nacionalista, tamén se presentou a Asociación de Amigos do Parque, un colectivo que 'traballará e fará xestións para conservar esta zona verde como legado para os nosos descendentes', apuntou Bernardo García, edil de Medio Ambiente.

Te puede interesar