Os centros de Buenos Aires celebran con Tosar as Letras Galegas

Luis González Tosar.
photo_camera Luis González Tosar.

O escritor imparte tres conferencias invitado por 27 entidades da colectividade galega

 

A petición de 27 institucións galegas de Buenos Aires, entre elas o Centro do Partido do Carballiño, presidido na actualidade por Silvana Reynoso, o escritor Luis González Tosar, presidente da Fundación Insua dos Poetas, foi convidado para intervir nas actividades da Semana das Letras Galegas que ten lugar do 14 ó 21 de maio.

“As miñas intervencións terán como eixo temático a intensa relación de Paco del Riego coa emigración nas décadas do 40, 50 e 60 do pasado século”, sinala González Tosar.

O escritor recorda que Fernández del Riego foi convidado a visitar Buenos Aires para participar nas Xornadas Patrióticas Galegas organizadas polo Centro Galego, en xullo de 1954. Durante case un mes, o intelectual galeguista levou a cabo un importante labor político e cultural nuns tempos nos que Buenos Aires era a verdadeira capital da cultura e da reivindicación da identidade de Galicia e da democracia.

Impartirá tres conferencias, comezando o día 14, na Feira Internacional do Libro, co “Francisco Fernández del Riego nas Xornadas Patrióticas Galegas de 1954”; o 17, no Instituto Santiago Apóstolo, co “Bos Aires, un mundo novo para del Riego”, e no acto central do Centro de Galicia, coa charla “Fernández del Riego en Bos Aires, 1954”.

Te puede interesar