'Chamoso Lamas' aborda a crise no seu octavo congreso

O Centro de Estudios Chamoso Lamas da comarca do Carballiño inaugura hoxe o seu octavo congreso 'O Home e o medio: Investigación e reflexión en tempos de crise', que se prolongará ata o día 19 deste mismo mes de maio. As ponencias exporanse no Hotel Arenteiro, e a entidade conta para o desenvolvemento desta iniciativa coa colaboura da Universidade de Vigo e do Concello do Carballiño.
O acto inaugural está previsto para as 9,30 horas, e ó longo desta primeira xornada exporanse ata un total de 10 traballos de investigación, rematando cunha mesa redonda sobre 'Crise, investigación e reflexión', prevista entre as 19,15 e as 21,30 horas.

Te puede interesar