O Chamoso Lamas difunde o patrimonio local con roteiros

Roteiro sobre Emilia Pardo Bazán no que participaron profesores de toda Galicia.
photo_camera Roteiro sobre Emilia Pardo Bazán no que participaron profesores de toda Galicia.
O colectivo cultural organiza unha visita guiada nocturna ós Petroglifos de Cangues en Irixo 

O Centro de Estudios Chamoso Lamas no seu empeño pola posta en valor do patrimonio cultural do Carballiño xa ten programadas as actividades para o que resta de ano. Por un lado, está a VI Andaina Nocturna aos Petroglifos de Cangues (O Irixo) para observar á luz das lanternas as inscricións castrexas dos penedos, coas explicacións do arqueólogo Jorge Lamas e en colaboración coa Asociación de Veciños de Madarnás.

Ademais, para agosto presentará o libro de homenaxe ao profesor Luis Rodríguez Míguez, que editou o concello do Carballiño e que contén colaboracións de diversos integrantes do centro de estudios.
Cara ao outono, está previsto a publicación das actas dos dous últimos congresos, con máis dunha vintena de traballos sobre O Carballiño e O Ribeiro.

No que vai de ano, a entidade levou a cabo tres roteiros urbanos cun percorrido sobre As Orixes do Carballiño, guiado polo historiador Carlos Montes. Este integrante do colectivo cultural é o autor do libro “Alarifes do Carballiño”, que se presentou en xuño, e foi tamén quen realizou unha adaptación da novela de Emilia Pardo Bazán, “El Cisne de Vilamorta”, cuxa lectura dramatizada levou a cabo o grupo de teatro Dar Trela.

Tamén, en relación ao “El Cisne de Vilamorta”, desenvolveuse un roteiro no que participou un centenar de profesores de toda Galiciaos, contando con Juan Manuel Rodríguez e Carlos Rodríguez. Outra ruta, guiada polos historiados José Luis Sobrado en Juan Manuel Rodríguez, tivo que ver coa “Historia, Arte e Arquitectura Relixiosa no Carballiño”.

Finalmente, a entidade organizou en maio  a presentación do libro da historiadora e arquitecta técnica Ana María Gordín: “Dous libros do Concello de Ribadavia (1524-1559): un reflexo da vida cotiá na vila”.

Te puede interesar