Chamoso Lamas estuda a xestión do patrimonio

O Centro de Estudios Chamoso Lamas inaugurou o seu 12º congreso dedicado a “Valoración e xestión do patrimonio cultural e meioambiental”. “É un congreso que pon o punto de mira nunha vertente fundamental do noso patrimonio como é a súa posta en valor e os posibles modelos de xestión máis idóneos para preservalo e divulgalo”, destacaba o presidente da entidade, Carlos Rodríguez, no transcurso do acto que abría o programa de actividades, no que tamén participaron o alcalde do Carballiño, Francisco Fumega, e Alicia González, en representación da Universidade de Vigo. Fumega referíase o gran labor do centro de estudos ao que se lle debe que o Carballiño “é hoxe a comarca con máis estudos e publicacións”.

Te puede interesar