O Chamoso Lamas organiza unha visita ós petroglifos

Os petroglifos de Cangues en visión nocturna. (C.R.)
photo_camera Os petroglifos de Cangues en visión nocturna. (C.R.)

O Centro de Estudios Chamoso Lamas organiza unha andaina nocturna aos petroglifos de Cangues, prevista para o próximo 15 de xullo.

Proseguindo coas actividades programadas para este ano 2022, o Centro de Estudios Chamoso Lamas organiza esta camiñata de 2,5 quilómetros de ida e volta, que partirá do campo da festa de Madarnás ás 22,00 horas do venres, 15 de xullo, e estará guiada polos integrantes do colectivo cultural Jorge Lamas e Adolfo Otero. 

A cita para a concentración de participantes será ás 21,30 horas no local social de Madarnás para saír media hora despois cara ao destino, seguindo un camiño forestal entre os concellos do Carballiño e O Irixo, onde están os petroglifos.

“Trátase de contemplar os petroglifos da zona de Cangues e Madarnás baixo a luz das lanternas e coñecer o legado dos nosos devanceiros inscrito nas rochas”, segundo apunta o actual presidente da entidade, Carlos Rodríguez.

Ao regreso poderase participar nunha queimada de confraternidade no local veciñal de Madarnás e a organización aconsella aos asistentes levar lanterna e chaleco reflector, así como unha prenda de abrigo.

Esta actividade, que nas últimas edicións xerou moita expectación, retómase este ano despois da paralise pola pandemia.

Te puede interesar