Charla para potenciar o Camiño da Geira-Arrieiro

A Asociación Camiño Xacobeo Miñoto Ribeiro organiza o próximo día 31 de xullo, ás 20,00 horas, na localidade de Berán, unha charla sobre as potencialidades do Camiño da Geira-Arrieiro, vía eclesiástica de peregrinación dende o ano 2019.

Judith Rodríguez Conde, Master en Valoración, Xestión e Protección do Patrimonio Cultural, e educadora e guía- intérprete no Museo do Viño de Galicia e do Parque Arqueolóxico de Campo Lameiro, será a encargada de analizar as oportunidades que dende o plano económico e cultural atesora este trazado cara a Santiago de Compostela se finalmente se oficializa o seu paso por iste núcleo de Berán. Ademais, a ponente é investigadora do fenómeno turístico desenvolvendo na actualidade diversos proxectos neste eido. O local das antigas escolas da localidade será o escenario do encontro.

Te puede interesar