As choivas fan desaparecer parte da pista que une dous pobos de Carballiño e Irixo

 A pista ten algúns tramos practicamente destrozados.
A auga das choivas está conseguindo facer desaparecer a nova pista de enlaza Paciños (Carballiño) e Cangues (Irixo). O acceso ten algúns tramos nos que a súa anchura se reduciu ata 1,5 metros.
A auga das últimas choivas fai desaparecer partes da pista que atravesa o monte comunal da aldea de Paciños, en Carballiño. Calquera persoa que pasee polo que era o vello camiño que ía de Paciños ata Cangues (Irixo), atoparase con un acceso de zahorra (mestura de pedra picada e area compactada) que nalgunhos dos seus tramos vese reducido ata 1,5 metros a súa anchura. Dito compactado, según manifestaron os veciños do entorno, está reblandecido pola acción da auga e desfaise nas súas veiras co peso dunha persoa.

‘Estas obras son o resultado da escasa planificación e estudo en primeiro lugar das vertientes e escorrentías das augas, dende sempre os nosos antergos saben que á auga hai que deixarlle sitio porque ela sempre busca por donde sair’, sinalaron os afectados. O propio monte comunal de Paciños ten unha pendente importante, recollendo abondosas augas de toda a zona.

A escombreira das obras do Ave supón a chegada de material que cubre os antigos regos que a propia auga foi labrando ó longo de centos de anos, o mesmo tempo que aínda non existe vexetación na propia escombreira que axude a estabilizar o chan.

‘Se en poucos días a choiva provoca estes desperfectos no outono quedamos sen pista’, matizaron os veciños, que recomendan non circular por ela mentras tanto.


Os vehículos poderían embarrancar

Conductores que circularon pola pista entre Paciños e Cangues advirten que si se atopan dous vehículos poderían facilmente embarrancar. Ademais, avisan de que o acceso ten unha importante pendente nos laterais, polo que a peligrosidade increméntase, pese a tratarse dunha pista de recente construcción.



Te puede interesar