O ciclo Cine na Rúa ofrece mañá “La Gallina Turuleca"

A proxección arrancará ás 22:30 horas na Praza Maior do Carballiño

A película española de animación "La Gallina Turuleca", na que poñen as voces dos protagonistas os humoristas Eva Hache e José Mota, será a segunda sesión que se programea no ciclo de Cine na Rúa, que ten lugar os xoves, ás 22,30 horas, na Praza Maior do Carballiño.

"La Gallina Turuleca" é unha coprodución internacional entre España e Arxentina, e que está nominada á Mellor Película de Animación nos Premios Quirino 2020, principal galardón do cine de animación iberoamericano.

Baseada na protagonista da canción “La Gallina Turuleca”, que popularizaron Los Payasos de la Tele, é unha comedia de animación dirixida ao público infantil e familiar, que ten unha duración de 80 minutos.

 Con entrada libre e aforo limitado, sendo obligatorio o uso de mascarilla e o lavado de mans con xel hidroalcólico, a proxección en pantalla grande ao aire libre será ás 22,30 horas de mañá.

Te puede interesar