CULTURA

O Cine Club do Carballiño organiza un ciclo de cine alemán

O ciclo consta de seis películas, que se proxectarán os días 17, 18 e 19 de marzo, con entrada gratuíta 

Cine Club Carballiño organiza en colaboración co Instituto Goethe de Madrid un ciclo de cine alemán para o próximo fin de semana. Os días 17, 18 e 19 de marzo o Auditorio do Carballiño acollerá unha extensa programación composta por seis obras emblemáticas do cine alemán das últimas cinco  décadas. A entrada a todas as sesión será gratuíta grazas á colaboración co Instituto Goethe, que cedeu os dereitos e as copias de xeito desinteresado.

O ciclo iniciarase o venres, ás 20,00 horas, cun dos maiores éxitos de crítica e público do cinema xermano: "Bagdad café", de Percy Adlon, que consagrou a súa actriz protagonista, Märianne Sagebretch. Ás 22,30 proxectarase "Alicia en las ciudades", primeira dunha serie de películas do director Win Wenders. Precisamente, o segundo día do ciclo iníciase coa que probablemente sexa a obra máis coñecida deste director, "París Texas". O seu pase será ás 20,00 horas. A continuación, ás 22,30, está previsto "Freistatt" (Refugio). Trátase dunha oportunidade case única no noso país, xa que esta película do 2015 non se estreou comercialmente en España e só se puido ver en festivais. O domingo rematará o ciclo con dúas películas máis: "La vida en obras" (18,00 horas) e "Contra la pared" (ás 20,00 horas). 

Te puede interesar