Fútbol Sala

O Club Carballiño Fútbol Sala edita o álbum do cromos desta temporada

Silvia Baranda e José Manuel Vázquez, onte no salón de plenos do Concello do Carballiño. (Foto: C. R.)
photo_camera Silvia Baranda e José Manuel Vázquez, onte no salón de plenos do Concello do Carballiño. (Foto: C. R.)
Os sobres dos cromos, que levarán seis cada un, venderanse ao prezo de 1 euro

O Club Carballiño Fútbol Sala conmemora este ano o 25 aniversario da súa creación, e por este motivo vai desenvolver unha serie de actividades, entre as que figura a edición dun álbum de cromos do club da tempada 2019/2020. Este álbum comezou a entregarse onte no pavillón de deportes Paco Chao a cada un dos 180 xogadores que forman parte do club, e terá o aliciente engadido de que haberá álbums personalizados, pois na portada figurará a fotografía de cada xogador.

Os sobres dos cromos, que levarán seis cada un, venderanse ao prezo de 1 euro no pavillón municipal de deportes, en Futboleros e no establecemento de chuches da Praza Irmáns Prieto. Así mesmo, haberá á venda un pack especial, cun número importante de cromos non repetidos, que se venderá a 20 euros, para poder completar os álbums.

A iniciativa foi presentada pola concelleira de Deportes, Silvia Baranda, que felicitou ao club por esta iniciativa; e o presidente do Carballiño Fútbol Sala, José Manuel Vázquez.

Te puede interesar