O colexio de Boborás pon en marcha unha Escola para pais

A ANPA e a dirección do Colexio Nosa Señora de Xuvencos, en Boborás, poñen en marcha unha Escola para pais co obxectivo de crear un espazo onde os pais, titores, avós e coidadores, ademais de recibir charlas sobre diversos temas referentes á saúde, nutrición, hixiene e primeiros auxilios, podan expresar as dúbidas e obter respostas sobre a educación dos fillos.
Para elo cóntase coas psicólogas do Concello e da Área de Prevención de Drogodependencia da Mancomunidade do Carballiño. Ao longo deste curso haberá catro reunións na biblioteca do colexio.

Te puede interesar