O colexio Vila do Arenteiro ofrece un campamento musical de verán

O campamento celebrarase do 11 ao 15 de xullo, e o prazo de matrícula abriuse o pasado día 1 de abril, estando previsto que remate o próximo 15 de maio

O colexio Vila do Arenteiro organiza o segundo Campamento Musical de Verán, que nesta ocasión conta coa colaboración do Concello do Carballiño. A iniciativa desenvolverase por segundo ano consecutivo, despos do éxito logrado na anterior edición do verán pasado.

O campamento celebrarase do 11 ao 15 de xullo, e o prazo de matrícula abriuse o pasado día 1 de abril, estando previsto que remate o próximo 15 de maio. Desde esa data e ata o 15 de xuño, os interesados en participar  deberán formalizar e abonar a totalidade da matrícula. 

O prezo do campamento é de 200 euros, incluídas todas as actividades que se desenvolverán durante esas catro xornadas, ademais do xantar. O colexio tamén ofrece a posibilidade de optar pola pensión completa e nese caso o custo é de 250 euros.
O campamento ofrece ata trece instrumentos, que os participantes deberán seleccionar previamente ao matricularse. Deste xeito teñen a opción de escoller entre o clarinete, frauta traveseira, percusión, trombón, trompeta, viola, fagot, oboe, saxofón, trompa, tuba-bombardino e violín. Para o desenvolvemento das actividades musicales contarán coa presenza de profesorado especializado.

A Concellería de Cultura do Carballiño colabora co Vila do Arenteiro neste campamento, aportando material e facendo publicidade sobre o mesmo. 

Te puede interesar