A Concellería de Tráfico encargará un informe para a delimitación das zonas de ORA no casco urbán

Comerciantes e políticos acordan regular o tempo para o estacionamento de vehículos

Vehículos estacionados diante de garaxes, na rúa Carlos Velo do Carballiño. (Foto:  Martiño Pinal  )
Representantes da Asociación de Empresarios e Comerciantes (ACEC) e dos tres grupos políticos da Corporación municipal do Carballiño acordaron a implantación dunha ‘zona azul’ para regular os estacionamentos de vehículos na vila. O presidente do colectivo empresarial, Adolfo Nogueira, sinalou que ‘esta é a mellor solución para facilitar unha rotación nos aparcamentos, favorecendo así a afluencia de visitantes’. Este mismo sistema está a funcionar noutras vilas da provincia coma Verín, O Barco e A Rúa.
A xunta directiva da Asociación de Comerciantes e Empresarios do Carballiño (ACEC) mantivo a última hora do pasado xoves unha reunión con representantes dos tres partidos políticos representados na Corporación municipal, co obxectivo de atopar unha solución conxunta ó problema do estacionamento de automóbiles no casco urbán da vila.

Nesta xuntanza participaron os concelleiro de Tráfico e Turismo, os socialistas José Antonio Barge e Manuel Dacal, respectivamente; Manuel Amil e Bernardo García (BNG), e Argimiro Marnotes e Emilio García (PP). O presidente da asociación, Adolfo Nogueira, defendeu a iniciativa que levan reivindicando dende hai anos os comerciantes, ‘que consiste na implantación dun sistema de regulación de aparcamentos, a fin de evitar que un mesmo vehículo esté ocupando unha praza durante toda a mañá ou todo o día’.

Antecedentes Tras un longo debate encol das diferentes posibilidades, a proposta da ACEC foi a que tivo máis aceptación e plasmarase na creación dunha ‘zona azul’, máis coñecida por ORA, tal e como dispoñen os automobilistas nos municipios de Ourense, O Barco, Verín e A Rúa. ‘Os concelleiros asumiron que esta sería a fórmula ideal para solucionar un dos problemas que padece Carballiño dende sempre, que é a falla de estacionamento público’, apunta Adolfo Nogueira.

Neste sentido, o presidente dos comerciantes destaca que ‘a zona azul permitirá un mellor aproveitamento das prazas por parte dun meirande número de usuarios’. Por outra banda, os empresarios tamén consideran ‘moi positivo que se sigan a estudar outras fórmulas para solventar esta problemática cara o futuro, coma no caso da proposta do voceiro do PP, Argimiro Mar notes, de que o Concello habilite áreas de estacionamento en solares privados que na actualidade están en desuso’.

A Concellería de Tráfico encargará un informe para a delimitación das zonas de ORA no casco urbán da vila.

Un parque móbil de 10.000 unidades


Os problemas de estacionamento no casco urbán do Carballiño, que só dispón dun parquing privado para 200 vehículos baixo as prazas do Emigrante e Alameda, están condicionados polo elevado número de automóbiles que están rexis trados no padrón municipal, que xa supera os 10.000. Ademais, a vila do Arenteiro é o centro neurálxico dunha comarca integrada por outros oito concellos, que supoñen o movemento dun mínimo doutras 20.000 persoas.

Te puede interesar