Os comerciantes queren poñer coto ós xogos na Praza Maior

Un grupo de comerciantes e empresarios da Praza Maior do Carballiño voltou a reclamar do Concello que se tomen medidas para atallar os xogos infantís con balón no recinto público, polos danos que están a causar ós seus negocios.
Roturas de cristais e letreiros e abolladuras en vehículos son os resultados dos improvisados partidos de fútbol que practican os rapaces tódalas tardes na citada praza, e que tamén afectan ás persoas maiores que pasean ou utilizan os bancos para descansar.

Os propietarios dos comercios lembran que 'xa tivemos varias entrevistas cos responsables da Policía Local, e lembrámoslles que hai unha normativa que prohíbe este tipo de xogos nas prazas públicas'. Os axentes xa teñen requisados balóns ós rapaces, pero a pesares delo istes manteñen a súa tradición deportiva unha vez que remata o horario lectivo.

Te puede interesar