Un comunicado pechará hoxe a protesta contra a incineradora

A Praza Maior do Carballiño convértese hoxe en punto de partida e de remate da manifestación convocada pola plataforma 'Incineradora Non' en contra da ubicación da planta de tratamento de residuos no municipio de O Irixo. A marcha partirá ás 12.30 horas para percorrer as rúas Aldara, Conde Vallellano, Julio Rodríguez, Margarita Taboada e Mosquera, e estará encabezada por representantes das asociacións carballiñesas.
Media hora antes da cita, os voceiros dos tres grupos políticos da Corporación (PP, PSOE e BNG) colocarán unha pancarta no balcón da Casa do Concello e darán lectura ós acordos de rexeitamento da incineradora, tomados por unanimidade na sesión plenaria do pasado 5 de xaneiro. Ademais, a compañía de teatro Tiruleque escenificará tamén 'O enterro do Irixo e da comarca', cunha comitiva que partirá ás 11.30 horas da rúa Carreira ata chegar á Praza Maior.

O voceiro da plataforma, o socialista Adolfo Nogueira, confirmou a participación de grupos ecoloxistas das comarcas de O Ribeiro e O Deza, 'que tamén se solidarizan na defensa do futuro inmediato do noso contorno'. Unha vez completado o itinerario, cunha previsión dunha hora de percorrido, os integrantes da compañía Tiruleque darán lectura a un comunicado que recolle tódalas reinvindicacións.

Te puede interesar