O Concello carballiñés ordena a paralización de obras nun edificio ilegal sito xunto á estrada N-541

As obras de acondicionamento interior dun edificio situado na marxe dereita da estrada Ourense-Pontevedra (N-541) foron paralizadas ó traverso dunha orde asinada polo alcalde do Carballiño, Carlos Montes, que será notificada na vindeira semana ós propietarios.
O rexedor, acompañado polo concelleiro de Urbanismo, Edelmiro Mateo, xustificaron esta medida, ‘xa que ese inmoble foi construido nos anos 80 do pasado século sen nengún tipo de proxecto ou licencia municipal, e ademais está edificado en solo rústico protexido’, indicaron.

Por outra banda, o Concello carballiñés tampouco tiña coñecemento dos traballos que se estaban a realizar dentro da casa, que albergou con anterioridade un restaurante e un clube nocturno, ‘xa que no departamento de Urbanismo non se presentou solicitude algunha para que aqueles se levasen a cabo dentro da legalidade’.

Te puede interesar