O Concello coloca cestas con libros en lugares públicos da vila

Unha destas cestas está na terceira pranta do Concello, outra na área de Servizos Sociais e unha terceira na zona de descanso da Praza de Abastos

A Concellería de Cultura e a Biblioteca Municipal do Carballiño puxeron en marcha un novidoso programa de lectura e intercambio de libros denominado “Arrieiros de papel”. A iniciativa consiste en situar en diversos lugares do Carballiño unhas cestas con libros, que se poden levar para ler e despois deixalos no mesmo lugar ou en calquera das outras cestas, e tamén se poden traer libros para incorporar aos que xa hai. 

Unha destas cestas está na terceira pranta do Concello, onde se atopan as áreas de Educación, Cultura, Turismo, Deportes, Orientación Laboral e a aula de informática. Outra, na área de Servizos Sociais, e a terceira colocarase na zona de descanso da Praza de Abastos. Ademais, está previsto poñer outra cesta nas piscinas municipais, en canto comece a tempada de verán. 

Te puede interesar