SERVIZOS

O Concello crea un servizo para alugar locais baleiros

uploaded_nogueira_result
photo_camera Chus Otero e Adolfo Nogueira presentaron onte a nova web.

O proxecto ponse en marcha cunha oferta de 26 baixos que están dispoñibles no casco urbano 

"Aquí tés local. O Carballiño con comercio ten vida” é o lema do proxecto e da nova páxina web que acaba de poñer en marcha a Concellería de Promoción Económica para dinamizar a vida comercial no Carballiño. Esta páxina web contén fichas de 26 baixos e locais comerciais do casco urbano, que neste intre están dispostos para o aluguer e, nalgún caso, con opción de compra. 

A iniciativa foi presentada esta mañá polo concelleiro de Promoción Económica, Adolfo Nogueira, e a deseñadora da páxina, Chus Otero. Nogueira explicou que se trata dun traballo elaborado para dinamizar o comercio local, poñendo no mercado a través de internet os locais baleiros do Carballiño. Tamén dixo que a páxina web nace no momento adecuado, pois son moitas as persoas que visitan a vila neste tempo de verán e, polo tanto, increméntanse as posibilidades de investimento na vila. A dirección da páxina e https://aquiteslocal.carballino.gal. 

DATOS

A nova páxina web ofrece imaxes da vila e a localización destes baixos e locais no mapa urbano do Carballiño, incluindo datos de interese como superficie, servizos e outras informacións útiles para os posibles interesados.  

Prácticamente todas as axencias inmobiliarias do Carballiño participan neste proxecto, así como algúns particulares, e espérase que o número de locais que se ofertan se incremente nas próximas semanas, tendo en conta que se trata dun servizo fratuíto que ofrece o Concello.

Esta páxina web ten ademais un enlace coa páxina oficial do Concello do Carballiño co obxectivo de aproveitar mellor a disfusion das redes de internet coas que se conta. Tamén hai unha dirección de correo electrónico á que se pode dirixir calquera petición de información: [email protected].

Con esta medida, o concelleiro de Promoción Económica espera dar un impulso ao comercio local ao mesmo tempo que pretende acabar coa mala imaxe que ofrecen os locais cerrados. 

Te puede interesar