EMPLEO

O Concello contrata catro auxiliares de Policía Local

polici
photo_camera Vehículo de la Policía Local.

A contratación dos catro auxiliares, ten o obxetivo de dar un servizo axeitado na vila o próximo verán

O Concello de Carballiño iniciou o proceso para cubrir catro prazas de auxiliares de Policía Local, con fin de atender axeitadamente o servizo na vila durante as vacacións do vindeiro verán. Con este fin, o goberno municipal convocou un proceso de selección, por oposición, para a contratación de catro auxiliares por un periodo de catro meses e a xornada completa.

O anuncio foi publicado no Boletín Oficial da Provincia do venres 31 de marzo e o prazo para presentar as instancias rematará mañá mércores, día 6 de abril.
Segundo fontes municipais, entre os requisitos que se esixen para optar a unha das catro prazas convocadas figura o de posuir as titulacións de graduado escolar, graduado en educación secundaria obrigatoria ou equivalente.

Xunto a estes requisitos, os aspirantes deberán cumplir outra serie de requisitos que se establecen nas bases reguladoras do proceso selectivo, que se atopan publicadas no taboleiro de anuncios do concello ou na páxina web do Concello.

Con esta convocatoria, o Concello de Carballiño faralle fronte ás substitucións que serán necesarias durante o vindeiro periodo estival a causa das vacacións dos axentes que compoñen na actualidade a plantilla da Policía Local. Este corpo de seguridade sufre unha gran precariedade de efectivos, pero non pode ser ampliado  polas limitacións que sufre o Concello ó atoparse inmerso nun plan de pago a proveedores. Por este motivo, os auxiliares só seran contratados por un periodo de catro meses.

Te puede interesar