O Concello do Carballiño renova o campo da Uceira

Silvia Baranda e Fumega.
photo_camera Silvia Baranda e Fumega.

O Concello do Carballiño adxudica a renovación do campo de fútbol da Uceira. Máis de 300 deportistas beneficiaranse da reforma destas instalacións, nas que adestra o CD Arenteiro e tamén xogan as categorías inferiores da escola de fútbol. Máis en concreto, o campo é usado por preto de 200 nenos, un equipo sénior feminino e 4 sénior masculinos. 

A actuación adxudicouse por un importe de 173.000 euros e para levar a cabo a mellora instalarase unha nova superficie sintética de última xeración que remplazará a actual, que se encontra moi deteriorada. A mellora da calidade inclúe a tipoloxía das fibras, que estarán adaptadas ao regulamento que establece a FIFA.
Con esta actuación aténdese unha demanda veciñal que se remonta anos atrás e que se financiará con fondos propios.

Te puede interesar