O CARBALLIÑO

O Concello do Irixo nombra a Elixio Villaverde Fillo Predilecto

20190404170853470_result
photo_camera Elixio Villaverde

A concesión de tal distinción foi decidida recentemente polo pleno por unanimidade dos seus membros

O Concello do Irixo nombra Fillo Predilecto a Elixio Villaverde García. Con tal motivo, celebra este sábado, ás 12,00 horas, no salón de plenos, o acto no que se fará entrega á familia da declaración de Fillo Predilecto do Irixo, a título póstumo.

Elixio Villaverde finou o pasado 14 de setembro de 2018, ós 64 anos de idade, e o vindeiro 6 de abril cúmprense os 65 anos do seu nacemento no Irixo. A concesión de tal distinción foi decidida recentemente polo pleno por unanimidade dos seus membros en base ós seus méritos como profesor, educador, animador sociocultural, historiador, ecoloxista e galeguista.

A continuación deste acto descubrirase unha placa na fachada da casa onde naceu situada na praza do Concello do Irixo.

Elixio Villaverde era licenciado en Xeografía e Historia pola Universidade de Santiago de Compostela e Doutor en Historia tamén pola USC, ademais de ser autor de relevantes libros no campo da investigación histórica.n

Te puede interesar