O CARBALLIÑO

O Concello inicia na rúa Norte o aparcadoiro de 45 minutos

<p></p>

As vallas e balizas, que instalaron axentes da Policía Local e operarios municipais, delimitan as catro prazas dispoñibles e as zonas de paso peonís

O Concello do Carballiño puxo onte en marcha un plan de tráfico na Praza Irmáns Prieto, que ten por obxectivo experimetar coa limitación do horario de estacionamento de vehículos a un máximo de 45 minutos. Para isto, habilitouse unha zona para catro prazas, delimitadas inicialmente con vallas e balizas. A medida é experimental e nesta zona en concreto permitirá que os pais do colexio Sagrado Corazón recollan aos alumnos en época escolar e tamén para que o resto de conductores poidan realizar xestións rápidas durante todo o ano.

As vallas e balizas, que instalaron axentes da Policía Local e operarios municipais, delimitan as catro prazas dispoñibles e as zonas de paso peonís, que quedarán totalmente libres de vehículos.

Aínda que inicialmente o concelleiro responsable da seguridade, Adolfo Nogueira, anunciara que a medida se desenvolvería únicamente a modo de plan piloto durante a xornada de onte, finalmente decidiu, conxuntamente coa Policía Local, manter a súa aplicación durante algún tempo de xeito experimental, co obxectivo de valorar a súa idoneidade para o regulamento do tráfico e do aparcamento na rúa Norte, que é unha das zonas do centro máis problemáticas por causa dos aparcamientos irregulares.

Con todo, o concelleiro persigue extrapolar a restricción de horario a outras rúas do centro, sempre que o resultado desta experiencia sexa satisfactorio. De ser así, o Concello deberá estudar o sistema de control do exceso de tempo. n
 

Te puede interesar