CONCELLO

O Concello de Carballiño non abrirá de momento os parque infantís

O Concello do Carballiño non abrirá de momento os parques infantís. Ante a publicación no DOG do sábado pasado dalgunhas das condicións sanitarias para a apertura dos parques infantís, o Concello do Carballiño informa que os abrirá cando se poidan garantir estas condicións sanitarias, e tendo sempre en conta a prevalencia da normativa relativa ao aforo, desinfección e dispensadores de xeles hidroalcohólicos ou desinfectantes con actividade viricida, sobre calquera outra consideración que poidera poñer en perigo a seguridade dos nenos e das súas familias fronte ao coronavirus.

Desde xeito, o concello anuncia que a apertura realizarase unha vez que se poidan asumir todas as esixencias especificadas para este tipo de instalacións, pois é preciso delimitar e controlar o aforo permitido (unha persoa por cada catro metros cadrados de espazo), así como desinfectar cada día (unha desinfección diaria dos xogos e o espazo) e contar con dispensadores de xeles hidroalcohólicos ou desinfectantes con actividade viricida.

Todo esto supón, ademais dun problema de organización, un custe importante, que é preciso valorar e contratar, pois non pode ser asumido directamente por persoal do concello, nin se pode levar a cabo dun día para outro, e hai que facelo cumprindo os procedementos de contratación de persoal.

Te puede interesar