El Concello otorga nuevos galardones para los deportistas

O Concello do Carballiño prepara a celebración da IV Gala do Deporte Carballiñés, prevista para o próximo 16 de decembro. Con tal motivo, no día de onte reunironse representantes de equipos de fútbol, fútbol Saa, ximnasios, prensa deportiva, e escolas deportivas municipais, con fin de abordar, xunto cun técnico da área de deportes e o Concelleiro titular, Rodrigo González Hermida, dos posibles galardóns a repartir nesta nova edición da gala, que se desenvolverá novamente no Auditorio do Carballiño.
Para elo, a referida comisión decidiu abrir un prazo ata o 25 de novembro, ás 14.00 horas, para que calquera deportista individual ou colectivo, clubes, asociacións ou entidades relacionadas co deporte presenten as súas candidaturas xuntando o currículum deportivo nas oficinas da área de deportes municipal situadas no segundo andar da Casa do Concello.

A partir de ese día, a comisión reunirase para valorar os currículums presentados e así definir os premios que se otorgarán.

Dende a propia Concellería de Deportes, o concelleiro responsable, Rodrigo González, declarou que nestes intres estase xestionando a presenza de deportistas de élite para que asistan este evento e que se encargarán da entrega dos galardóns.

Te puede interesar