CARB

O Concello de Carballiño pide colaboración para colocar trampas ás ratas

A empresa, Novabuxos, que xa fai un seguimento e campañas ao longo do ano, procede a colocar nestes días máis artiluxios con veneno, sobre todo nas alcantarillas pero tamén nalgunhas fincas, para eliminar os roedores

O Concello do Carballiño solicita a colaboración dos propietarios de fincas situadas naquelas zonas onde está previsto reforzar a campaña de desratización dentro do casco urbano, co obxectivo de solucionar o problema.

A empresa, Novabuxos, que xa fai un seguimento e campañas ao longo do ano, procede a colocar nestes días máis artiluxios con veneno, sobre todo nas alcantarillas pero tamén nalgunhas fincas, para eliminar os roedores. As autoridades municipais afirman que "estas trampas non supoñen ningún perigo para as persoas ou outro tipo de animais, pois son unha especie de maletíns con dobre cavidade que impide que se poda acceder ao veneno". A alerta produciuse entre a veciñanza pola proliferación de ratas debido "a seca, como sucede en moitas outras vilas e cidades". sinalan. 

Te puede interesar