O CARBALLIÑO

O Concello refinancia o plan de axuste para ter liberdade

Asamblea de Ourense en común en el campus
30-3-15
photo_camera A Corporación Municipal abordará no vindeiro pleno a situación económica do Concello. 30-3-15

Hacienda autorizalle saldar con outro préstamo o crédito ICO, co que pagou a proveedores 

O Concello do Carballiño conta coa aprobación do Ministerio de Hacienda para a refinanciación do crédito que fora solicitado para pagar as deudas ós proveedores no ano 2012, dentro do denominado plan de axuste económico. Esta autorización permítelle ó Concello solicitar un novo crédito cos intereses moito máis baixos e así saldar o actual credito ICO, e afrontar o futuro económico municipal den- tro dos parámetros marcados pola lei. Con esta sinatura nos próximos días salda 1.400.000 euros do crédito ICO, unha vez que se solven- taron as débedas cos proveedores.

"Deste xeito o futuro económico da vila sae desa situación de inmovilismo provocada polo plan de axuste, e afronta un despegue orzamentario positivo para O Carballiño", segundo indican os responsabeis municipais. O alcalde, Argimiro Marnotes, sinala que, “durante estos anos de goberno traballamos para poder saldar a débeda cos proveedores, mantendo un orzamento municipal que nos permitiu seguir traballando e am- pliando servizos ós cidadáns, para chegar a esta situación que, sin lugar a dúbidas, será de despegue orzamentario”.

Esta política económica á que se refire o alcalde tamen sirviu para rematar o exercicio de 2014 cun remanente de tesourería para gastos xerais de 3.845.671 euros, en con un superávit orzamentario de 1.168.960 euros, deixando ó Concello nunha porcentaxe de endebedamento do 37,80%, por debaixo do límite legal establecido que é do 75%, segundo puntualizan, lembrando ademais que "a débeda pública a finais do 2010 era de 4 millóns e a finais de 2014 é de 3,6 millóns, baixándose incluso nestes anos de crise".

O superávit acadado durante o pasado exercicio permitirá executar proxectos por un importe superior ao millón de euros. Entre eles, está a urbanización das rúas Ben- Cho-Sei, San Amaro, Costa Rica, e tamen a realización das beirarrúas en Celso Emilio Ferreiro. Con estas obras se dotará de infraestructuras axeitadas e de novas vías para a circulación.  

Te puede interesar