MELLORAS

O Concello restaura fontes e lavadoiros nos pobos do rural

uploaded_fonte_result

Este plan promóvese a través dun programa de colaboración social co INEM, que permitiu contratar a catro persoas, tres albaneis e un peón forestal

A Concellería de Medio Rural do Carballiño continúa co plan iniciado o pasado ano de mellora de fontes, lavadoiros, tanques e outros elementos do patrimonio etnográfico das aldeas. Este plan promóvese a través dun programa de colaboración social co INEM, que permitiu contratar a catro persoas, tres albaneis e un peón forestal. 

Trátase de recuperar o medio rural e poñer en valor o seu patrimonio etnográfico, centrado sobre todo naqueles elementos que son de uso común e que se atopan en peor estado. Así, durante tres meses levaranse a cabo labores de limpeza, selado de gretas e roza da maleza. 

Te puede interesar