O Concello traslada información ós xóvenes da ‘movida’ contra as drogas

O departamento de Servizos Sociais do Concello do Carballiño instalou unha mesa informativa na pista roxa da Praza do Emigrante para informar ós xóvenes da ‘movida’ nocturna sobre os riscos que conleva o consumo do alcohol e outras sustancias.
A concelleira desta área municipal, Asunción Rivero, e o técnico en Prevención de Drogodependencias, José Manuel Fariñas, promoven esta iniciativa a partires do ‘Proxecto Creative’, que xurdiu da necesidade de dar resposta ante a crecente situación do consumo asociado ó ocio nocturno. A caseta instalouse onte e o próximo 18 de xullo, ás 00.00 horas.

Entre os obxectivos que se persiguen con esta actividade están o de ‘promover conductas responsables ante o consumo e proveer ó consumidor de información veraz, obxectiva e adaptada ás necesidades reais da mocidade, que poda facilitar o non consumo, e no caso contrario, un uso máis seguro da sustancia mediante a comunicación directa e con un amplo abano de soportes informativos’, apuntaron os organizadores da iniciativa.

Te puede interesar