O CARBALLIÑO

O concello carballiñés usará un fusil para matar ás velutinas

Trátase dun sistema que utiliza bolas conxeladas que teñen veleno e que alcanza aos niños situados a unha gran altura

O alcalde do Carballiño, Francisco Fumega, asistiu onte xunto con representantes de Protección Civil, á entrega dun fusil de Paintball adquirido polo concello que permite disparar aos niños de vespas asiáticas e deixalos inutilizados. A arma, xunto coa munición e o equipamento correspondente, foi entregado polo representante da empresa cántabra Asiatic Wasp Ball, que comercializa este tipo de material, e que será utilizado no Carballiño con carácter pioneiro en Galicia.

Trátase dun fusil que dispara unhas bolas (vectores conxelados) nas que se introduce o veneno que, unha vez desolto dentro do niño, mata ás vespas e inutiiza o niño. Segundo os representantes desta empresa, que asegura que O Carballiño será o primeiro concello de Galicia en usar este sistema, o 95% das veces o niño queda tratado á primeira, non sendo necesaria unha segunda actuación.

Este sistema permite ademáis alixeirar o equipamento, pois só precisa transportar un maletín co fusil e unha caixa coas bolas conxeladas en xeo seco ou neve carbónica. Tamén posibilita atacar niños en moita altura e con maior seguridade, e resulta moito máis rápido que o uso dunha pértiga, como se fai actualmente, e que ainda así non permite chegar a niños en certas alturas e require o traballo de varias persoas. 

O custo deste fusil, coa munición e equipamento incluidos, foi de 2,000 euros. 

Segundo dixo Francisco Fumega, o traballo de eliminación destes niños é moi laborioso e supón moitas horas de dedicación para os servizos de Emerxencias e Protección Civil, que se perden de facer moitas outras cousas necesarias, polo que considera que o fusil é  unha boa adquisición.

Te puede interesar