O CARBALLIÑO

O Concello vai consultar ós polbeiros unha moción do PP

"Nós apoiamos a moción porque calquera recoñecemento para ós de Arcos parécenos estupendo", suliñou o portavoz do goberno municipal, Adolfo Nogueira.

O equipo municipal de goberno do Carballiño reunirá ós polbeiros da zona para consultarlles sobre a proposta do PP, aprobada en pleno pola Corporación, de solicitar da Unesco que a preparación do "polbo á feira ó estilo de Arcos" sexa declarado como Patrimonio Inmaterial da Humanidade.

"Nós apoiamos a moción porque calquera recoñecemento para ós de Arcos parécenos estupendo", suliñou o portavoz do goberno municipal, Adolfo Nogueira. Nembargantes, matizou que "antes de poñer en marcha os trámites, haberá que preguntarlles ós polbeiros se están dacordo con esta iniciativa, sobre todo para que coñezan o qué significa para o seu propio negocio". Por este motivo, o Concello carballiñés convocará en breve unha xuntanza para que acudan os representantes das familias que se adican en feiras e festas á preparación do tradicional "polbo á feira".

Tódolos grupos políticos da Corporación deron o seu visto bó á proposta dos populares, tendo en conta a internacionalidade desta modalidade gastronómica, posible gracias ós profesionais de Arcos.

Te puede interesar