Concellos e veciños únense para defender o uso do solo no contorno dos balnearios

Autoridades e veciños, onte no local social de Partovia.  (Foto: Martiño Pinal)
Os Concellos de Carballiño, Maside e Boborás presentarán alegaciones ós perímetros de protección solicitados polo Gran Balneario e As Caldas, que afectan maiormente a fincas privadas dos seus contornos. Un cento de veciños dos municipios reuniuse onte en Partovia a fin de analizar as propostas.
Os perímetros de protección peticionados polos propietarios dos centros termais de As Caldas e Gran Balneario, no Carballiño, afectan na súa meirande parte a terreos privados, nas que se contemplan restriccións para determinadas actividades.

No contorno destes balnearios e nun raio de 1,5 quilómetros non se permiten industrias ou cultivos que xeneren residuos contaminantes, coma é o caso de granxas, talleres mecánicos e incluso o tratamento dos cultivos con productos fitosanitarios.

Istes condicionamentos foron analizados onte nunha xuntanza mantida na sede social da parroquia carballiñesa de Partovia, á que asistiu un cento de persoas, entre elas os alcaldes de Carballiño e Maside, Carlos Montes e Celso Fernández, respectivamen te, e a tenente de alcalde de Boborás, Eva Pardo.

O rexedor carballiñés lembrou a súa condición de experto na materia, ó presidir a sección de vilas termais da Fegamp e ser membro da executiva do municipios do Estado con augas minermedicinais. Na reunión acordouse unha avaliación das diferentes zonas de afectación en Carballiño, Boborás, Maside e incluso nos lindes con San Amaro, a fin de formular as pertinentes alegacións ante a Consellería de Economía e Industria, que tramita os expedientes.

Prohibición de depósitos de lixo

A modificación do decreto da Xunta de1996 por outro de 2001 permite ampliar o abano de actividades productivas nos perímetros de protección dos balnearios, coma é o caso de industrias de transformación de pedra ou metalúrxicas. Nembargantes, as plantas de depósito e tratamento de residuos urbanos quedan totalmente prohibidas, e no caso carballiñés obrigaría ó peche do Punto Limpo da Medela e a nave de lixo da Mancomunidade comarcal.



Te puede interesar