El concurso literario de Beariz ya tiene ganadores

"Bandido”, de Beatriz Pérez González, foi a obra gañadora

O xurado do Concurso Literario Beariz 2021, convocado polo Concello, otorgou o primeiro premio á obra “Bandido”, da que é autora Beatriz Pérez González. Este primeiro premio está dotado con 500 euros. “É unha historia narrada en primeira persoa, constitúe un monólogo interior dunha muller que sofre as consecuencias dos excesos dunha celebración post estado de alarma”, sinala o xurado.

O segundo premio correspondeu a  “Selfies”, con 300 euros, sendo o gañador Leopoldo Cañizo Durán. “Este traballo está construído por unha serie de historias que en conxunto dan a impresión dun collage”; e o terceiro foi para “Pulp á galega”, de Pablo Nogueira Campo, dotado con 200 euros. “Constitúe un exemplo do xénero co que se titula ”Pulp” como unha parodia da novela negra de gran consumo con certa gracia”, segundo valora o xurado.

Te puede interesar