Constituido o consello do Miño Central para o medio rural

Samuel Juárez, durante o acto. (Foto: MARTIÑO PINAL)
O Centro Comarcal do Carballiño acolleu na tarde de onte a constitución do Consello de Zona de Miño Central, dentro do protocolo xeral que coordinará os plans do Programa de Desenvolvemento Rural Sostible (2010-2014), e que foi presidido polo conselleiro de Medio Rural, Samuel Juárez, que estivo acompañado por Antonio Crespo, director xeral de Desenvolvemento Rural.
Neste consello, no que se integran 46 municipios da provincia, das comarcas do Carballiño, O Ribeiro, Mancomunidade de Santa Águeda, Ourense, Celanova e Allariz, están representados a Xunta, tres alcaldes a proposta da Fegamp, sindicatos agrarios e de clase, asociacións de mulleres rurais, colectivos ecoloxistas e técnicos de xestión.

Este órgano consultivo e participativo recibirá as propostas para a elaboración do plan correspondente a esta zona, onde se recollerán debidamente definidas, localizadas e cuantificadas os proxectos orientados ó desenvolvemento socioeconómico dos municipios.

Te puede interesar