AYUDAS

A Cooperativa de Loureiro recibe unha axuda para modernizarse

<p></p>
photo_camera Visita á cooperativa.

Medio Rural destina á toda a provincia de Ourense 2,8 millóns de euros para a transformación de produtos agrarios

A Cooperativa láctea Santa Mariña de Loureiro SCG, emprazada no Concello do Irixo, é unha das beneficiarias das axudas de transformación e comercialización de produtos agroalimentarios deste ano. A Xunta de Galicia, a través da Consellería do Medio Rural, vén de destinar para a provincia de Ourense 2,8 millóns de euros en axudas directas para investimentos en transformación e comercialización de produtos agrarios. Un total de 39 empresas ourensás beneficiaranse destas subvencións que contribuirán a execución de proxectos de creación, ampliación e modernización das súas instalacións, que supoñen un investimento total de preto de 8 millóns de euros.

A delegada territorial da Xunta en Ourense, Marisol Díaz Mouteira, acompañada do xefe territorial de Medio Rural, Yago Borrajo, visitaron a cooperativa, onde foron recibidos polo seu impulsor, o párroco de Loureiro, Antonio González Bernárdez, e o alcalde de Irixo, Manuel Penedo. Medio Rural concédelle 19.142 euros para a mellora tecnolóxica na elaboración dos seus produtos.

Te puede interesar