O acto de entrega dos galardóns terá lugar o día 28 de decembro no concello de Maside

Cristina Pavón gaña o premio 'Modesto R. Figueiredo'

Os membros do xurado, durante a reunión en Maside. (Foto: MARCOS ATRIO)
A escritora viguesa María Cristina Pavón Mouriz, coa obra 'Relato cara a Tianamen Square', gañou o Certame Nacional Galego de Narracións Breves 'Modesto R. Figueiredo', que convoca a Fundación do Padroado Pedrón de Ouro, coa colaboración do concello de Maside. Ó certame concurriron un total de 61 obras e a gañadora recibirá 1.000 euros do premio.
O xurado outorgou dos accesits, de 400 euros, a Ruben Anido Regueiro, de Sada, coa obra 'O cabaleiro, a dama e o dragón', e a tamén viguesa Clara Isabel Rodríguez, coa obra 'Art Decó'.

Os premios entregaranse o 28 de decembro nun acto que se celebrará no concello de Maside. O Xurado estivo formado por César Fernández, alcalde de Maside; David Otero, secretario da Fundación Pedron de Ouro; Luis González Tosar, presidente do PEN Club de Galicia; Cesareo Sánchez, presidente da Asociación de Escritores en Lingua Galega; Gonzalo Navaza, profesor da Universidade de Vigo, e o escritor Isidro Novo.

Te puede interesar