Curso de calderería e soldadura para formar a sesenta parados

<p></p>
photo_camera Acto de presentación do Programa Integrado de Emprego Carbaemprende.

O obxectivo do programa é que o 45 por cento dos participantes se incorporen ó mercado laboral 


Un total de 60 persoas desempregadas e perceptoras de axudas foron seleccionadas para participar no Programa Integrado de Emprego Carbaemprende, que ten por obxectivo acadar unha taxa de inserción no mercado laboral do 45% como mínimo. A presentación deste plan realizouse onte no Concello do Carballiño, contando co director xeral de Orientación e Promoción Laboral, Alfonso Marnotes; o alcalde do Carballiño, Francisco Fumega; o concelleiro de Promoción Económica, Adolfo Nogueira; os concelleiros Argimiro Marnotes, do PP, e Marcos Reboredo, independente; así como os presidentes dos empresarios da Área Industrial e do Centro Comercial Aberto, Manuel Carballeda e Julián Garriga; e representantes do grupo empresarial do sector eólico GRI Towers Galicia; formadores, orientadores laborais e alumnos.

Alfonso Marnotes indicou que este programa, que se prolongará durante un ano, ofrecerá aos participantes unha cualificación adaptada á demanda do mercado laboral. En concreto, formaranse en técnicas relacionadas coa soldadura e calderería desde unha perspectiva da construción, fabricación e montaxe de estruturas metálicas, ao tempo que recibirán coñecementos sobre as normas de prevención de riscos laborais. Tamén recordou que este ano se puxeron en marcha en Galicia 28 novas iniciativas, cun orzamento de preto de 3 millóns de euros e co obxectivo de beneficiar a preto de 1.700 persoas.

O alcalde, Francisco Fumega, asegurou que a búsqueda de emprego é a principal demanda que lle plantexan os veciños do Carballiño e que non hai ningunha outra cuestión que lle ocupase máis tempo. “Por iso é tan importante que este plan se desenvolva do mellor xeito e co maior aproveitamento posible”, segundo dixo.

Te puede interesar