CxG critica o uso irregular da piscina termal de Punxín

Eladio Fernández, concelleiro de Compromiso por Galicia en Punxín, pedirá explicacións nun próximo pleno sobre a “utilización da área termal do Bañino, o pasado día 29 de mayo, por os concelleiros do Goberno municipal acompañados das familias, fillos e netos do alcalde”, ademais de amigos. Asegura que o Bañiño dispón de un par de piscinas termais que están pechadas por orden do alcalde ao público, desde o principio da pandemia.

Engade, que durante a estancia “encheron as piscinas con auga termal para disfrutar dun plácido domingo, saltándose as normas que o propio goberno establece de obrigado cumprimento para o resto dos veciños”.

Eladio Fernández considera que se celebrou unha “festa privada ao estilo Boris Johnson, neste caso atribuíndose o uso privado das piscinas de termalismo de Punxín, que están cerradas ao público”.

O alcalde, Manuel Vázquez, declara que “non fixemos ningunha festa, o único que pasou é que veu Manuel Baltar o pasado martes para falar das obras que imos desenvolver. Non houbo outra cousa, que conte verdades”.

Te puede interesar