Días de circo e humor en Boborás e Castrelo de Miño

Patricia Torres, Gabriel Alén e Avelino Pazos.
photo_camera Patricia Torres, Gabriel Alén e Avelino Pazos.
O festival celébrase estes 29, 30 e 31 de outubro en ambos concellos

Os alcaldes de Boborás e Castrelo de Miño, Patricia Torres e Avelino Pazos, presentaron o Festival do Circo e do Humor que se desenvolverá este venres e os días 30 e 31 de octubro en ambos concellos. 

No acto participou o delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, quen explicou que se trata dunha iniciativa encadrada no compromiso da Xunta de Galicia por impulsar e apoiar unha programación diversificada e plural, así como distribuída pola xeografía galega, e que contribúe así á promoción e cooperación cultural, á difusión e animación sociocultural e á promoción da cultura en Galicia.

Durante eses tres días, Boborás e Castrelo de Miño ofrecerán en distintos horarios os espectáculos de Asacocirco Show, a Maxia do Outono, Pepo Suevos e Luis Zahera.

Te puede interesar