Diego Bará impartiu uns obradoiros sobre poesía

O poeta Diego Bará, nunha clase do IES Chamoso Lamas.
photo_camera O poeta Diego Bará, nunha clase do IES Chamoso Lamas.

O poeta galego Diego Bará presentou estes días pasados a súa primeira obra “A miña utopía” no IES Chamoso Lamas do Carballiño. Con só 23 anos deuse a coñecer no mundo literario coa este primeiro libro publicado pola editorial Urutau, na que o autor fai unha reflexión sobre moitos temas sociais analizados dende unha perspectiva orixinal baseada nos seus principios e valores. 

O libro é ademais unha reivindicación da lingua e cultura propias. 

O seu labor no centro consistiu en realizar diferentes obradoiros de poesía co alumnado de terceiro e cuarto de ESO, intentando achegarlles a súa obra e traballando con eles a creación literaria.

Esta actividade está dentro do ciclo Cine, poesía e música, que este centro de ensino leva desenvolvendo xa dende fai unha década e que conta un ano máis coa colaboración das áreas de Educación e de Cultura do Concello do Carballiño.

Este ciclo ten por obxectivo achegar aos alumnos as artes como a música, a literatura ou o cine, contando para elo con autores que lles falan das súas experiencias.

Te puede interesar